Campaña de Nadal

Chega un dos momentos máis especiais do ano para construir os recordos da nosa familia. Temos a oportunidade de desfrutar de bos momentos xuntos e de desexar a felicidade a todas as persoas que nos importan. E se nos deixades estamos encantados de axudarvos para conseguilo.

As sesións fotográficas deste Nadal podémolas facer mais pequeniñas, orientadas a facer felicitacións ou regalos aos avós, familia, amigos; ou un pouco mais grandes de 5 ou 10 fotos para ter unha bonita história de Nadal. Agora vos explicamos os diferentes packs:

– PACKS –

Por 45€ inclúe:

  • sesión para realizar 1 foto
  • 6 copias de esa foto en marcos de tamaño 14×14 cm. ou 11×16 cm. automontables con peana.
  • cada marco+foto a maiores a 7€

Marco efecto bola de Neve

Marcos estilo Bola de Neve. Por 60€ inclúe:

  • sesión para realizar 1 foto
  • 6 copias de esa foto en marcos estilo bola de neve de tamaño 10×10 cm.
  • cada marco+foto a maiores a 10€

Pódese escoller con 1 fotografía a 65€ ou con 2 fotografías a 75€. Inclúe:

  • sesión para realizar 1 ou 2 fotografías
  • 10 dípticos con 1 foto ou 10 dípticos con 2 fotos
  • o tamaño dos dípticos é de 14×28 cm.
  • cada díptico con 1 foto a maiores a 6’50€
  • cada díptico con 2 fotos a maiores a 7’50€

Álbum con 5 fotos. Por 85€ inclúe:

  • sesión de 5 fotografías
  • montadas en álbum 20×20 cm.
  • cada fotografía a maiores a 6€

a quen están destinadas as sesións?

A todo o mundo. O que facemos é fotografía familiar, e familia é o concepto mais amplo que podemos imaxinar. Os nosos decorados de Nadal están especialmente montados para os peques sen importar a súa idade, pero podedes vir todos. Antes da sesión falaremos e coñecerémonos.

onde se fan as sesións?

No noso estudio. Temos un escenario montado con moitísimo cariño. Esforzámonos moito en que a maxia do Nadal esté presente e se sinta. Coidamos a decoración, os detalles e sobre todo a luz. Pero por encima de todo iso, o mais importante é que todo esté composto para que brille quen ten que brillar.

como son as sesións?

Organizamos as sesións para que sexa como un xogo para os nenos e as nenas. Optimizamos o noso proceso para que sexan o mais rápidas posibles para que non se cheguen a aburrir, pero sempre estamos supeditados ao seu ritmo.

Para os peques temos roupa e complementos a xogo co escenario da sesión. Para os mais grandes (vós, adultos e adultas que estades lendo isto) xa falaríamos antes sobre que sería adecuado que vestírades.

cando son as sesións?

As sesión serán en horario de mañá ou de tarde de luns a venres e os sábados pola mañá dende o 16 de Novembro ao 11 de Decembro.

como contratamos a sesión?

Esta é fácil. Podedes escoller entre vir por aquí ao noso estudio a falar con nós, chamarnos por teléfono ao 981 931 924 ou ao 634 773 993 en horario de apertura ou mandarnos un correo a contacto@eiravedrafotografas.com. Por calquera destas vías falaremos, poñeremos unha cita e aclararemos as vosas dúbidas.

Antes de realizar a sesión temos que asinar un contrato no que se especifica o servizo que vos imos realizar e as condicións, e así cumplir os requisitos legais que hai a día de hoxe. Isto sírvevos de garantía e daravos seguridade. Reclamádeo sempre que contratedes servizos fotográficos.

O tempo e as prazas son limitadas, non tardedes en reservar!